image
logo Bono Concilia

Bono Concilia é un programa de axudas
económicas directas ás familias para
contribuír ao pagamento dunha praza nunha
escola infantil 0-3 privada da súa elección.

Logo XUNTA

QUE
REQUISITOS
HAI QUE
CUMPRIR?


· Ter un fillo ou filla nacido/a con posterioridade ao 31 de
decembro de 2014.

· Non acadar a praza pública solicitada, obter unha que
non coincida co horario de traballo de ambas as dúas
persoas proxenitoras ou residir nun concello no que non
existan prazas públicas.

Outros supostos que dan dereito a optar ao bono:

· Obter a axuda deste programa no curso 2016/17 e
solicitar a súa renovación para o curso 2017/18.

· Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa
para o curso 2017/18 e solicitala para un irmán ou irmá.

image

COMO SE
SOLICITA?

· NAS LOCALIDADES NAS QUE EXISTEN PRAZAS PÚBLICAS, as familias deberán solicitar praza nunha escola sostida con fondos públicos, cubrir o apartado da solicitude correspondente á opción do Bono Concilia e asinar as declaracións responsables recollidas no anexo específico do dito programa. No caso de que o neno ou a nena para quen se solicite praza quede en lista de espera, a solicitude será valorada para a axuda do bono.

· NAS LOCALIDADES NAS QUE NON EXISTEN PRAZAS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS, as familias interesadas deberán solicitar directamente a axuda a través da orde anual de convocatoria do Bono Concilia dentro dos prazos establecidos nela.

image

CAL É O
SEU
IMPORTE?

A contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar e dos servizos solicitados, e oscila entre os 250 euros/mes para as rendas máis baixas e os 45 euros/mes para as rendas máis altas.

Efectos45€-250€Efectos

image

ONDE SE
PODE
SOLICITAR?

Na sede electrónica da Xunta de Galicia e nos diferentes rexistros da Administración.
O formulario de solicitude está dispoñible na páxina web

image

ATA CANDO SE PODE SOLICITAR?

As solicitudes directas de axuda poderanse presentar

ata o 24 de Xuño de 2017